
TURISMO
O Departamento de Turismo da Pobra do Caramiñal é o encargado de impulsar iniciativas e proxectos que traten de mellorar o posicionamento turístico do concello. Dende este departamento, a colaboración público-privada e o impulso das novas tecnoloxías da información e comunicación de cara a fomentar a posta en valor do seu patrimonio, son indispensables para o desenvolvemento da Pobra do Caramiñal como destino turístico de calidade e diferenciado.
A Oficina Municipal de Turismo da Pobra do Caramiñal está situada no céntrico entorno do Parque do Castelo. Nela, pódese atopar información turística comarcal e municipal: guías, mapas, planos, así como todo o material que teña que ver coas diferentes actividades programadas ao longo do ano polos distintos departamentos municipais. Ademais, a coñecida como “Casa Mariñeira” funciona tamén como sala de exposicións, sendo un escaparate visible tanto para artistas locais coma foráneos.
Cando esta oficina permanece pechada, prestamos información turística na oficina do Departamento de Turismo, situada no primeiro andar do concello da Pobra do Caramiñal (Rúa Gasset, 28).
Ademais, e facendo fincapé nas novas tecnoloxías, existe unha aplicación para móbil, dispoñible tanto para o sistema operativo Android como IOS: Turismo A Pobra do Caramiñal na que, non só se pode atopar información turística da vila senón tamén unha ampla axenda con todos os eventos municipais.
Teléfono: 671 090 262 / 687 482 835
Email: turismo@apobra.gal