CONTOS DE LOBO
Día da Biblioteca
Teatro dos Ghazafelhos “Contos de lobo”
Este luns 24 de outubro terá lugar un acto con motivo do Día da Biblioteca de 2016. Queremos que a biblioteca pública sexa un punto de encontro para a comunidade, onde se reúnan para compartir e aprender, ser un centro de pensamento e un espazo para tódolos públicos.
“Contos de lobo”, do Teatro dos Ghazafelhos, vai dirixida para o público infantil e familiar. Esta compañía que nace en Narón é na actualidade de referencia a nivel galego.
Será na biblioteca municipal Victoriano García Martí ás 18 h con entrada libre ata se completa-la cabida do local.