CURSOS DE MANIPULADOR/A-APLICADOR/A DE PRODUTOS FITOSANITARIOS
A Consellaría do Medio Rural acaba de sacar unha convocatoria de axudas (Orde de 2 de setembro de 2016) para a impartición de cursos de manipulador/a-aplicador/a de produtos fitosanitarios (nivel básico), sen ningún tipo de custo para o alumnado.
Os cursos de nivel básico teñen unha duración de 25 horas presenciais e realizaranse previsibelmente nas fins de semana de novembro. As datas e días concretos poderán variar en función da data da resolución das axudas.
A formación impartirase en varias localidades da Coruña e Pontevedra. A localidade concreta dependerá do lugar de residencia das persoas interesadas coa finalidade de evitar desprazamentos.
As persoas interesadas nesta formación pódense informar nos teléfonos 881 987 813 /