25-N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Co motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello da Pobra do Caramiñal ten programados distintos actos e actividades, entre eles o que se realizará no vindeiro día 25 de novembro, ás 20.30 h no Auditorio do Museo Valle-Inclán. Neste acto desenvolveranse as actividades seguintes:
- Lectura e sinatura dun Manifesto en contra da Violencia de Xénero, polo Concello da Pobra do Caramiñal e polos colectivos sociais do concello
- Performance feminista do Colectivo SaK. Artistas: Sara Willisch e Rubén Sanchéz
- Videofórum contra a Violencia de Xénero
Celia López Carballido e María Domínguez Vila
- Entrega de libros coa temática da igualdade ós centros educativos da primaria do concello da Pobra do Caramiñal.
Ademais, ás 18:00 horas na BIBLIOTECA MUNICIPAL terá lugar un CONTACONTOS POLA IGUALDADE para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.