
O Aturuxo de Melpómene presenta “Misterios” no Teatro Elma.
A Asociación Teatral Naronesa O Aturuxo de Melpómene poñerán en escea, o domingo 27 de novembro ás 19.00 horas, no Teatro Elma a obra infantil “Misterios”.
Escrita e dirixida por Paula Carballeira, a peza está interpretada por María López, Silvia Casal, Leandro Lamas e Lorena Montero. Dirixida a nenos/as a partir dos seis anos de idade, ten unha duración de 55 minutos.
A protagonista da obra é Mara, unha nena que tentará buscar respostas con tódalas súas forzas aos misterios que, algúns días, semellan aparecer por todas partes: na casa, na rúa, no galiñeiro… “non hai nada máis emocionante nin máis divertido que resolvelos”.
Con esta representación dase por finalizado o Ciclo FESTEAR 2016.