XV CAMPIONATO DE MARCHA EN PISTA de inverno
Poderán intervir todas e todos aqueles atletas que o desexen e que se atopen en calquera das seguintes condicións:
- Atletas que fichasen durante a tempada actual (2016/17) por algún club pertencente á comunidade autónoma galega
- Atletas con ficha pola F.G.A., aínda que pertenzan a clubs doutras cc. aa.
- Atletas non galegos/as ou estranxeiros/as* convidados/as expresamente pola Federación Galega de Atletismo, que non reúnan ningunha das dúas anteriores condicións
*Segundo o acordo da asemblea, as e os atletas estranxeiros maiores de 18 anos que non estean nacionalizados en España non poderán optar ós podios nos campionatos galegos.
Art.3). As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA https://isis.rfea.es/sirfea2/)
ata as 20:00 h do martes 22 de novembro.
– Empresa organizadora: FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO – SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA- ASOCIACIÓN DE ATLETISMO E DEPORTES DO BARBANZA – CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL
– Data e hora de comezo e fin: a partir das 11:00 h
– Contacto: https://www.atletismogalego.org e https://www.carreirasgalegas.com
– Localización: ESTADIO DA ALTA – A Pobra do Caramiñal