
CICLO DE RELATO BREVE E MÚSICA “LIÑAS PARALELAS”
Sábado 17 de decembro ás 20.30 h. no Teatro Elma “Sucesos de Nadal”, con Pepe Sendón e Marcos Teira á guitarra.
O Nadal globalizado ten a súa liturxia de reunións familiares, bos propósitos e consumo desorbitado. Mais, as veces, o soño de Nadal non se cumpre. Para aqueles que non chegan a destino ou están noutra parte do mundo, para os que perden xente, para os que non queren ou para os que non poden, o Nadal pode ser unha época na que pasan cousas… que non son típicas de Nadal. Contos de Brendan Behan, Auster, Chekhov, Valle-Inclán, Bertolt Brech, Dostoyevsky, Primo Levi e outros
Entrada de Balde