CINE INFANTIL “UN NADAL DE CINE” 26, 27 E 28 DE DECEMBRO ÁS 18.00 H. NO TEATRO ELMA
26 de decembro “VIAJE MÁGICO A AFRICA”
Sinopse: Tras o seu encuentro cun neno bosquimano hospitalizado, Jana, unha nena de 10 anos, iniciará unha viaxe fantástica na búsqueda do neno por África, a súa terra. Acompañada do seu cabalo alado, Jana coñecerá a Mel, o seu novo mellor amigo, e xuntos vivirán auténticas aventuras con animales, prantas e criaturas fantásticas. Coa axuda da súa Hada máxica Jana cruzará os límites da imaxinación e aprenderá a vencer os obstáculos que se lle presentan no seu camiño ata o mundo da imaxinación e os seres fantásticos da sabana africana.
27 de decembro “KIKA SUPERBRUJA EL VIAJE A MANDOLÁN”
Sinopse: Kika atopa unha misteriosa carta no escritorio da súa habitación. Unha nova aventura lle está esperando. A carta comeza ca frase “Unha man diabólica lanzou unha maldición sobre o trono de Mandolán”, e continúa con “ninguén sabe aplicar outro feitizo para liberalo da maldición”. A Kika enseguida lle atrae a aventura…
28 de decembro “PÉREZ EL RATONCITO DE TUS SUEÑOS 2”
Sinopse: Lucas ten oito anos e quere saber cómo fai o Ratonciño Pérez para cambiar os dentes dos nenos por moedas sin que ninguén o vexa. Cando intenta averigualo, o único que consigue é que Pérez caiga nas mans de Gil Penkoff, un empresario sen escrúpulos quen tratará de facerse millonario vendendo os segredos do rato. Ainda que Lucas e a súa familia o intentan todo para liberalo, os únicos capaces de prestarlle axuda serán uns personaxes moi pequenos.