
CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS
Este sábado 18 de febreiro, de 11:15 a 13:30 h no circuíto de Cabío (A Pobra do Caramiñal) realizarase o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS.
Poderán tomar parte nesta fase provincial, tódolos clubs e colexios clasificados nas correspondentes fases intercomarcais das zonas da Coruña, Ferrol, Noia e Santiago, e que formalicen previamente a súa inscrición, ademais de teren feita a mutualización obrigatoria dos/as corredores/as na web www.deporteescolargalego.com
Participarán as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.
Neste campionato provincial, as entidades clasificadas poderán forma-los equipos seleccionando as e os seus atletas.
Cada entidade deberá participar na súa provincia correspondente.
Ademais, poderán participar de xeito individual as e os deportistas clasificados nas distintas fases intercomarcais entre os 8 primeiros e que non fagan parte dos equipos clasificados, en ningún caso correrán o posto de invitado/a os/as atletas que chegasen a partir do/a 8º clasificado/a.
ORGANIZAN: O Servizo de Deporte da Coruña, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta.
COLABORAN: Federación Galega de Atletismo, o Concello da Pobra do Caramiñal, Agrup. Dep. As Rías, e Begano Coca-cola
MÁIS INFORMACIÓN NA CONCELLARÍA DOS DEPORTES