II TROFEO ATLETISMO “DÍA DAS LETRAS GALEGAS”
Mércores, 14 de maio, de 10.45 h- 14.30 h no Estadio da Alta, Concello da Pobra do Caramiñal
Organizan: Federación Galega de Atletismo, A.A.D. Barbanza e Concello da Pobra do Caramiñal
Colabora: Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta
MARCAS MÍNIMAS:
– En 100 m l./200 m l. e 400 m l. participación libre/series por mellor marca e serie final para 100 m l. masculino e feminino
– En lanzamento de vórtex (benxamín) e xavelina (alevín e infantil): 3 lanzamentos
– En xavelina, mínima: masculina en 50 m e feminina en 35 m
– En triplo, mínima: masculina en 12.80 m e feminina en 10.40 m
– En lonxitude, mínima: masculina en 6.20 m e feminina en 4.90 m
Posibilidade de “repescar” ata 12 atletas por proba se non se completa o concurso.
PREMIOS:
– En categorías menores (benxamín, alevín e infantil) medallas ás/ós tres primeiros/as clasificados/as por proba e categoría
– No resto das probas trofeo ás/ós tres primeiros/as clasificados/as
– Nos concursos gaña aquela persoa que máis lance ou salte sen ter en conta a súa categoría.
Máis información na Concellaría de Deportes da Pobra do Caramiñal