TERMALISMO IMSERSO 2018
As persoas pensionistas que desexen acollerse ao programa de termalismo do IMSERSO teñen xa aberto o prazo para formalizar as solicitudes. O programa inclúe aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e tratamentos termais básicos.
Para as quendas de febreiro ata agosto, as solicitudes poderán formalizarse ata o 4 de xaneiro de 2018, posteriormente a esa data e ata o 10 de maio de 2018, poderán remitirse solicitudes para ser incluídas en lista de espera.
Polo que se refire as quendas de setembro a decembro, terán prioridade na adxudicación as solicitudes remitidas ata o 11 de maio de 2018, permanecendo aberto o prazo para inclusión en lista de espera, ata o 31 de outubro de 2018.
Para obter máis información, pódese consultar a páxina web do IMSERSO ou solicitala nos departamentos de servizos sociais.
test