
VIAXES Ó PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS
A Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal organiza viaxes ó Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas dende A Pobra do Caramiñal, en catamarán, durante o mes de xuño de 2017.
O venres, 9 de xuño: vviaxe á illa de Sálvora con saída do porto náutico ás 19:30 h e regreso aproximado ás 00:30 h
Farase un percorrido especial nocturno chamado Starlight, para divisa-las estrelas en compañía dun guía astrónomo, xa que o Parque Nacional das Illas Atlánticas obtivo en xaneiro de 2016 a certificación de destino turístico Starlight, que acredita a calidade do ceo nocturno.
O prezo por persoa adulta e por cada nena é de 20€. Inclúe ida e volta maila ruta guiada co astrónomo.
Sábado 17 de xuño viaxaremos ás illas Cíes: saída ás 10:00 h do porto náutico e volta aproximada ás 21:00 h
Cada persoa adulta deberá pagar 25€. Inclúe ida e volta mailo percorrido guiado cunha guía profesional. Os nenos e nenas ata 12 anos, na compaña de seus pais ou nais, irán de balde.
Sábado 24 de xuño: viaxe ás illas Ons, saída ás 10:30 h tamén dende o porto náutico e regreso sobre ás 20:30 h
Cada persoa adulta deberá pagar 20€. Inclúe ida e volta e mais unha ruta guiada por unha guía profesional. Os nenos e nenas ata 12 anos acompañados de seus pais ou nais tamén irán de balde.
As persoas interesadas en calquera viaxe deben reservar previamente da seguinte maneira:
- A través da páxina web da empresa do barco: www.toursriasbaixas.com. Deben selecciona-la viaxe desexada, por exemplo: “A Pobra do Caramiñal – illa de Ons, 24 xuño”. Deseguido recibirá un correo electrónico coa confirmación da compra, que deberá presentar no barco o día da viaxe para retira-los seus billetes.
- A través do teléfono 680 733 990. Deberá proporcionar un número de tarxeta (nunca o PIN), coma se se tratase dunha compra pola Internet. Recibirá un correo electrónico coa confirmación da compra, que deberá presentar no barco o día da viaxe para retira-los seus billetes.
Tamén ofrecemos información no punto de información turística da Pobra instalado no Museo Valle-Inclán en horario de martes a sábado das 11:00 ás 13:00 h e das 17:00 ás 19:00 h; chamando ó número de teléfono 671 090 262; seguindo as novidades no Facebook oficial de turismo, chamado Turismo A Pobra do Caramiñal, ou tamén a través desta web oficial: www.apobra.gal