
BONO CONCILIA
BONO CONCILIA 2017-18
A Consellaría da Política Social abriu xa o prazo para a presentación de solicitudes de acollemento ó programa BONO CONCILIA 2017-18, unha axuda económica para a atención da primeira infancia en escolas infantís, para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
As persoas interesadas poden consulta-las bases publicadas no DOG núm. 98 de 24 de maio de 2017, ou achegarse ás oficinas dos Servizos Socias sitas na rúa Castelao, 1.
O prazo para a presentación de solicitudes desta axuda será dun mes, contado a partir do día seguinte ó día da publicación da convocatoria no DOG.