ANIMACIÓN DE RÚA MUNDOMANDARINA “O MEU AVÓ É MAGO”
Xoves 6 de xullo ás 20.30 h. no Cantón da Leña:
Neste novo espectáculo, a pallasa Mandarina recibe clases do seu avó, o grande ilusionista e prestidixitador Antón Chipirón. Na sala de ensaios está todo preparado, só falta que chegue el. Mentres agarda, a curiosa Mandarina aproveita para atusmar nos obxectos máxicos do avó e facerlles maxia aos pequenos voluntarios do público. Ademais de aprender a facer maxia, Mandarina terá que aprender que o avó non vai vir máis. Neste espectáculo, a través da maxia e a comicidade, abórdase o tema de afrontar a morte dos seres queridos, non de xeito traumático, senón como unha transformación. Achega ao público miúdo a idea de que non os perdemos de todo, senón que seguen presentes a través das lembranzas e a herdanza emocional que nos deixan.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal.