
CINE NA RÚA “JURASSIC WORLD”
XOVES 3 DE AGOSTO ÁS 22.30 H. NO CANTÓN DA LEÑA
(SE CHOVE NO TEATRO ELMA)
Vintedous anos despois do ocorrido en Jurassic Park, a illa Nublar foi transformada nun enorme parque temático, Jurassic Wold, con versións «domesticadas» de algún dos dinosauros máis coñecidos. Cando todo parece ir sobre rodas e ser o negocio do século, un novo dinosauro de especie descoñecida, pois foi creado manipulando xeneticamente o seu ADN, e que resulta ser moito máis intelixente do que se pensaba, escapase do seu recinto e comeza a causar estragos entre os visitantes do Parque.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.