MONOLOGANDO NO ELMA, "MEMORIAS DUN NENO LABREGO" con Cándido Pazó
Domingo 10 de decembro ás 19.00 h , Cándido Pazó, recoñocido pola súa traxectoria como contador de historias e monologista, trae ó teatro Elma “Memorias dun neno labrego”.
Monólogo escénico-narrativo sobre o libro de Xosé Neiras Vilas, que se publicou en 1961 en Bos Aires, e que é un dos libros máis dominantes da literatura galega; o máis editado, lido e traducido e o que todo o mundo lembramos con tenrura.
Este espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director teatral vén apoiado dun coidado traballo de videocreación e cunha propuesta musical composta para esta ocasión.
Espectáculo de balde ata se completa-la capacidade do local.
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.