
NAZARENO 2018
A Pobra do Caramiñal celebra a festividade de Xesús Nazareno dende venres 14 de setembro ata luns 17 de setembro: festa recoñecida como de interese turístico galego.
Haberá un amplo programa de lecer: amenización por grupos de gaitas, pandeireteiras, orquestras, concertos das bandas de música nos Xardíns de Valle-Inclán e actividades para os nenos e nenas.
O día grande será domingo 16 de setembro ás 10:30 horas, cando saia da igrexa de Santiago do Deán a procesión votiva das mortallas, tradición da vila dende o século XV.
No luns 17 de setembro ás 00:00 horas, último día das festas, será o grande espectáculo de fogos de artificio e acuáticos.
Encontrará mais información nesta páxina do Facebook: Turismo A Pobra do Caramiñal.