SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
A Agrupación de Concellos da Pobra, Ribeira e Boiro acaba de recibir unha subvención da Consellaría da Politíca Social da Xunta, para a prestación de servizos de atención temperá, financiados conxuntamente co Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo “FSE Galicia 2014-2020”.
Con esta subvención mantense un equipo multidisciplinar de pedagoga-coordinadora, psicóloga e dúas logopedistas, que dá cobertura a nenos/as con problemas no desenvolvemento ou risco de padecelos, de 0 a 6 anos, no marco da Rede Galega de Atención Temperá.
Servizo de Atención Temperá Agrupación de concellos da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro As subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega da atención temperá están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo “FSE Galicia 2014-2020”. O obxectivo (O.T.9) é promove-la igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilita-la súa autonomía persoal e a dita inclusión. |