LAS NIÑAS DE LA RISA "UN SHOW A COBRO REVERTIDO"
Domingo 9 de decembro ás 19.00 h. no teatro Elma. Entrada de balde
Las Niñas de la Risa é o dúo formado polas cómicas Ángela Triana e Diana Sieira.
Unha chamada a cobro revertido, a priori, é unha putada. Ninguén chama a cobro revertido para darche unha boa nova! O máis probable é que esa chamada se faga dende a comisaría. Pero o que é seguro, é que che contarán algo que recordarás toda a túa vida!.
Triana usará a súa chamada para poñer a caldo ó seu veciño que se fixo influencer e agora só come tostadas de aguacate.
Sieira usará a súa chamada para falarche dunha caixa de chocapics que flota no Universo.
Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cutural da Deputación da Coruña.