23/01/2019: XESTIÓN DE BIOMASA NAS LIÑAS DE UNIÓN FENOSA DISTRIBUCIÓN
23/01/2019
Infórmase toda a veciñanza de que UNIÓN FENOSA DISTRIBUCIÓN, SA comunicou que, en cumprimento da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais, realizará en vindeiras datas os traballos de xestión da biomasa na franxa de 5 metros respecto das súas liñas de tensión.
Se vostede é titular dalgunha parcela nunha franxa de 5 metros dende a proxección dos condutores eléctricos,
dispón dun prazo de 15 días hábiles dende a publicación deste anuncio na páxina web municipal para xestiona-la biomasa e corta-las árbores das especies indicadas na disposición adicional III da Lei 3/2007 (piñeiro, eucalipto, mimosa etc).
Transcorrido o dito prazo, será Unión Fenosa Distribución a que proceda á súa realización nas zonas indicadas no plano.
UNIÓN FENOSA_A POBRA DO CARAMIÑAL_Plano