Exposición “ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS”
Do día 9 ó 24 de xaneiro de 2019, na casa Raquel Fernández Soler, no concello da Pobra do Caramiñal, contaremos coa exposición “ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS”, cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental (CEIDA).
Esta exposición está vencellada ás campañas de sensibilización que se fan dende o Concello sobre o coñecemento dos ecosistemas mariños e costeiros.
Durante séculos os seres humanos vimos servíndonos sen miramentos dos recursos que o mar nos ofrece, tanto extraendo alimentos e materiais como aproveitándonos do seu “ilimitado” poder de asimilación de residuos (verteduras, mareas negras, produtos químicos etc.). Ó principio a degradación das augas foi lenta e silenciosa. Hoxe alcanzou unha magnitude alarmante. Nos últimos anos unha gran variedade de acordos a escala internacional veñen recoñecendo a necesidade de protexe-los ecosistemas mariños. Na actualidade as áreas mariñas protexidas (AMP) son unha das principais ferramentas de xestión das pesqueiras, ó cal se engade a súa importancia na conservación da biodiversidade.