Novas medidas a partir das 00.00 horas deste 17 de febreiro
A Xunta anunciou na xornada de onte, luns 15, novas medidas con relación á situación epidemiolóxica, as cales terán efecto a partir das 00.00 horas do día 17 de febreiro de 2021.
Toda a comunidade autónoma vai manterse na máxima restrición.
Limitacións á entrada e saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da comunidade autónoma, agás certas excepcións.
Limitación da permanencia de grupos de persoas, que terán que estar conformados unicamente por conviventes, en espazos de uso público e de uso privado, agás en determinados supostos excepcionais e xustificados.
Os establecementos de hostalaría e restauración (bares, cafetarías, restaurantes) permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega no domicilio ou para a súa recollida no local e consumo no domicilio.
Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais non poderán supera-lo cincuenta por cento da súa capacidade total. Pecharán ás 21.30 horas, agás que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.
Os centros e parques comerciais pecharán os sábados, domingos e festivos.
Retómase a competición federada autonómica.
Limitación da mobilidade nocturna no período comprendido entre as 22.00 e as 06.00 horas.
Ligazón ao Diario Oficial de Galicia (DOG) onde se especifican a totalidade das medidas: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/excepcional/2021/20210215/2566/Secciones1_gl.html