PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS presenta CARPE DIEM
Domingo 31 de marzo ás 20.00 h no teatro Elma
A compañía Producións Teatrais Excéntricas celebra o seu décimo quinto aniversario representando un conto de Rubem Fonseca en que o adulterio e o crime son os protagonistas.
Unha montaxe que, segundo destaca o seu director, Quico Cadaval, é tamén «unha homenaxe ó cinema», que estará moi presente tamén no espectáculo, xa que nel se mesturan teatro, música en directo, proxeccións de filmes e narración oral.
O espectáculo, protagonizado por María Costas, Marcos Viéitez e Víctor Mosqueira, conta ademais coa música en directo de Mon Orencio, Mr. Cool, que poñerá ritmos de samba e bossa nova coa súa guitarra e trompeta.
Entrada de balde
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.