
O Museo Valle-Inclán adía a charla-coloquio "Que é un museo? Uso e gozo dunha institución cultural" prevista para sábado 25 de maio
COMUNICADO DA DIRECCIÓN DO MUSEO VALLE-INCLÁN
A Pobra do Caramiñal, 23 de maio de 2019
A dirección do Museo Valle-Inclán, no marco da conmemoración do Día Internacional do Museo 2019 organizado polo Consello Internacional de Museos ICOM-UNESCO, tomou a decisión de suspender provisionalmente a charla-coloquio Que é un museo? Uso e gozo dunha institución cultural prevista para sábado, 25 de maio, ás 20:00 h
Esta actividade, organizada polo persoal técnico do museo e dirixida a tódolos públicos, estaba programada no auditorio do museo. Dado que a data de celebración das eleccións é xustamente ó día seguinte, desde a dirección considerouse a necesidade de adiala para o mes que vén, xuño, e non interrompe-lo normal transcurso da xornada de reflexión. Pedimos desculpas ás nosas usuarias/os e lamentámo-las molestias que esta decisión poida ocasionarlles, reiterando a nosa intención de volver ofertar esta actividade en canto nos for posíbel.
https://apobra.gal/18-de-maio-dia-internacional-dos-museos-xornadas-e-exposicion-no-museo-valle-inclan/