
II FESTA FEMINISTA da Pobra do Caramiñal: 1 e 2 de xuño
A fin de semana de 1 e 2 de xuño de 2019 celebrarase na Pobra a II Festa Feminista, con multitude de actividades para tódalas idades. Comezaremos coa rapazada facendo obradoiros de igualdade, mural dos desexos, obradoiros de maquillaxe, tattoos de purpurina e o xogo da oca, todo coa temática de igualdade, ademais de contacontos da igualdade, a cargo de Troskita. Estes obradoiros e xogos serán no sábado de mañá e, no domingo, mañá e tarde. Tamén no sábado teremos, pola mañá, un pasarrúas feminista a cargo da asociación cultural EIRADELA, que tocará nas prazas do concello temas tradicionais con letras feministas.
Xa na tarde do sábado teremos unha charla-coloquio de asociacións de mulleres, un obradoiro de autodefensa, poesía e, para rematar, un CONCERTO a cargo do grupo musical HABELAS HAINAS. Xogos feministas e sobre ruptura de estereotipos de xénero, venda de deseños feministas, exposicións, información, photocall, arte feminista…e moitas cousas máis!!!
NA PRAZA DO EMIGRANTE E NOS XARDÍNS VALLE-INCLÁN