![](https://apobra.gal/wp-content/uploads/2019/07/T.-CALAVERA.jpg)
Festa pirata na illa Calavera, 16 de xullo de 2019, 20.30 h no Cantón da Leña
TEATRO CALAVERA presenta
FESTA PIRATA NA ILLA “CALAVERA”
16 de xullo de 2019, ás 20.30 h no Cantón da Leña
Espectáculo que conta como protagonistas coas famosas piratas Mary Read e Anne Bonny. Estas dúas amigas bucaneiras atopan unha mensaxe de auxilio nunha botella: o pirata Calavera naufragou nunha illa descoñecida, precisa que o rescaten e ofrece como recompensa o seu maior tesouro.
Mary e Anne, ávidas de aventura e riqueza, forman, coa participación das nenas e nenos, a súa tripulación. Xuntas vivirán unha grande aventura na illa para rescatar este pirata, onde, ademais de atopar moitas sorpresas, por Neptuno que levarán a cabo unha gran festa! Aaaar!
Trátase do que en Teatro Calavera denominamos xogacontos: un conto participativo onde procuramos que as nenas e nenos participen e se expresen a través de xogos musicais e bailes, seguindo o fío condutor dunha historia.
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.