O Teatro dos Ghazafelhos tráeno-la "MÁQUINA DO TEMPO" á biblioteca municipal, venres 4 de outubro ás 18 h
Durante tódolos venres de outubro teremos unha actividade de animación á lectura na biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal, no seo do programa “LER CONTA MOITO”.
Neste venres, 4 de outubro de 2019, contaremos coa presenza do Teatro Ghazafelhos, que porá en escena “A máquina do tempo”, unha peza de teatro que ilustra dun xeito ameno e pedagóxico a historia das civilizacións apoiado cunha escenografía. Será, sen dúbida, unha tarde “histórica”.
A actividade será ás 18 horas e vai dirixida a nenos e nenas de 5 a 12 anos.