
11 de outubro: comeza o I Ciclo Victoriano García Martí na Pobra do Caramiñal
Na Pobra do Caramiñal natal do escritor e sociólogo Victoriano García Martí imos dar comezo ó primeiro ciclo dedicado a homenaxealo, cunha axenda que se estenderá ó longo deste mes de outubro de 2019.
No serán de 11 de outubro de 2019 inaugurarase no Museo Valle-Inclán unha exposición dedicada ó dito intelectual.
A partir das 20 h o público xa poderá desfrutar dela. Esperámosvos!