
Garabato de Xogos tráeno-las súas marionetas pola igualdade de xénero á biblioteca da Pobra (18 de outubro, 18 h)
Neste venres, 18 de outubro de 2019, visitará a nosa biblioteca Garabato de Xogos, que poñerá en escena “Unha armadura con ferruxe”, onde un cabaleiro queda preso na súa armadura, mentres a súa esposa mailo seu fillo loitarán desesperadamente por liberalo e coñecer cal é o seu verdadeiro aspecto.
Trátase dunha función de monicreques dinámica e amena para tod@s cunha mensaxe moi importante sobre a igualdade de xénero.
Esta actividade conta coa subvención Ler Igualdade, da Xunta, e vai dirixida a nenas e nenos de 3 anos en adiante. Será ás 18.00 h