II Concurso de Relatos Curtos Historias de Mulleres (PRAZO ABERTO ata 10 de novembro de 2019)
A Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade (ABAS) e mailo Concello da Pobra do Caramiñal convocan o II Concurso de Relatos Curtos Historias de Mulleres, para participantes a partir dos 12 anos de idade. O prazo de presentación está aberto ata 10 de novembro de 2019 e as bases reguladoras son as que seguen:
CONVOCATORIA DO II CONCURSO DE RELATOS CURTOS HISTORIAS DE MULLERES
BASES
- Estabelécense para o citado concurso tres categorías: unha adolescente, dirixida a persoas de entre 12 e 16 anos de idade; outra xuvenil, para persoas de 16 a 30 anos de idade; e outra adulta, para persoas de máis de 30 anos (terase en conta a idade no último día do prazo de presentación).
- Os traballos realizaranse en galego, orixinais e inéditos, cunha extensión máxima de 1000 palabras (sen incluí-lo título) e cunha temática que trate sobre a violencia, en tódalas súas expresións, exercida sobre as mulleres; a igualdade entre mulleres e homes; as súas liberdades e diversidades sexuais; e todo aquilo relacionado coa temática.
- Lugar de presentación: os traballos serán enviados á Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade (ABAS), ó seu enderezo electrónico coordinador.abas.asoc@gmail.com Nun documento, en formato PDF, enviarase o citado traballo, que virá asinado cun pseudónimo ou alcume (deste xeito garántese que o xurado descoñeza a autoría); noutro documento, en formato PDF ou Word, achegarase o nome do traballo, nome e apelidos, DNI, data de nacemento, enderezo electrónico, enderezo postal e teléfono. Recibirase a confirmación.
- Prazo de presentación: o prazo de presentación remata no día 10 de novembro do ano 2019.
- O xurado estará formado por catro persoas con coñecementos na materia de xénero e na literatura. Será competente para resolver aquelas cuestións que non estean recollidas nas bases.
6.Os premios serán os seguintes:
-Categoría adulta: 1.º premio, un vale por valor de 150€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de libros da Fundación Barrié
-Categoría xuvenil: 1.º premio, un vale por valor de 150€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de libros da Fundación Barrié
-Categoría adolescente: 1.º premio, un vale de 80€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de libros da Fundación Barrié; 2.º premio de 40€ nos comercios da Pobra do Caramiñal e mais un lote de libros da Fundación Barrié
7. As persoas que presenten traballos a este concurso declaran ser responsábeis da autoría e orixinalidade destes.
8. A ABAS e/ou o Concello da Pobra do Caramiñal reservan para si o dereito á publicación e difusión dos traballos.
9. A presentación ó citado concurso supón a aceptación e conformidade coas citadas bases.
(Pódense descarga-las bases íntegras en formato PDF:)