22 e 30 de novembro: últimos actos das XXI Xornadas de homenaxe a Valle-Inclán (auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal)
Anunciámoslle-los últimos eventos que pecharán as XXI Xornadas de homenaxe a Valle-Inclán (2019) da Pobra do Caramiñal:
no seo das XXI Xornadas de homenaxe a Valle-Inclán, venres 22 de novembro de 2019, ás 20.30 h no auditorio do Museo Valle-Inclán, terémo-la grande oportunidade de contar con Xaquín del Valle-Inclán Alsina, neto do ilustre escritor pobrense, nunha interesante charla que nos ofrecerá sobre a época vital do dito intelectual no casal da Mercé coa súa familia (1917-1921), acompañada asemade da proxección dunhas imaxes moi didácticas.
Non o perdan!!! Entrada libre ata se completa-la cabida do local
Neste sábado 30 de novembro ás 20.30 h no auditorio do Museo Valle-Inclán terémo-la presentación da obra de Valle-Inclán O meu bisavó traducida pola primeira vez á nosa lingua por Rocío Viéitez Ferro.
A obra conta cun breve estudo á maneira de prólogo de Antonio González Millán, coas ilustracións do artista Héitor Picallo e mais co deseño de Martiño Picallo.