
"A píllara das dunas do Barbanza": conferencia na Pobra da asociación SEO Bird Life
No mércores 27 de novembro de 2019, ás 20:30 h no auditorio do Museo Valle-Inclán, haberá unha charla sobre a píllara das dunas. Durará aproximadamente uns 45 minutos. Os relatores pertencen á asociación SEO Bird Life e contarannos moitas cousas sobre este TESOURO DAS PRAIAS DO BARBANZA.
Esta charla está dirixida ó público en xeral e enmárcase dentro do PROXECTO DE CONSERVACIÓN DA PÍLLARA DAS DUNAS NAS PRAIAS DA PENÍNSULA DO BARBANZA, realizada por Seobirdlife e financiada pola Deputación da Coruña, e continúa o labor de divulgación que se fixo na Pobra do Caramiñal nos CEP Salustiano Rey e CEP Pilar Maestú.
O tamaño actual da poboación galega e a concentración de exemplares nun reducido número de localidades convértena nunha especie altamente vulnerábel. Esta delicada situación da especie tamén fixo que fose nomeada AVE DO ANO 2019 (https://www.seo.org/ave-2019-chorlitejo/), de maneira que todo isto debe servir para unha chamada de atención ás administracións e a toda a sociedade para investir esforzos na súa conservación.
A píllara das dunas conta na comarca do Barbanza cun 30-40% da poboación galega e con 2 das 3 principais localidades de cría da especie.
Así que non perdáde-la oportunidade de coñecer algo máis sobre este PEQUENO GRAN TESOURO DO BARBANZA!!