PECHADA Ó PÚBLICO ATA UN NOVO AVISO: exposición "En feminino plural": TODO O MES DE MARZO na casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal
O CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL INFORMA DE QUE, ATA UN NOVO AVISO, O LOCAL DESTA EXPOSICIÓN PERMANECERÁ PECHADO, por precaución sanitaria. DESCULPEN!
Neste xoves 5 de marzo de 2020, ás 20 h na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal, terá lugar a inauguración da exposición “En feminino plural”, do artista rianxeiro Che Tembra, artesán e escultor que é autor de máis de 400 obras.
“En feminino plural” estará na dita casa da cultura pobrense todo o mes de marzo.
Contaremos coa presenza da Escola de Música da Pobra do Caramiñal.
Entrada libre ata se completa-la capacidade do local
Non a perdan!
Organiza a Concellaría da Cultura do Concello da Pobra do Caramiñal xunto coa Asociación Cultural Barbantia.