Pechada temporalmente ó público a casa da cultura da Pobra do Caramiñal ata un novo aviso
O Concello da Pobra do Caramiñal informa a veciñanza de que a casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler permanecerá pechada ó público dende 13 de marzo de 2020 ata un novo aviso, por mor da alerta sanitaria.
Desculpen os inconvenientes.
Poden contactar tódolos días, nos horarios habituais de funcionamento da casa da cultura, no teléfono 981 83 15 45, para calquera dúbida ou consulta, así como nos correos electrónicos
culturapobra@gmail.com,
consumo@apobra.gal e
deportes@apobra.gal
casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal
fotografía de Abelardo Soler Torrente