
Información do Concello da Pobra do Caramiñal sobre o tipo de obras que o Goberno actualmente permite
O Concello da Pobra do Caramiñal lémbralles que as obras están permitidas sempre e cando non se produzan en edificios en uso (residencial ou doutro tipo), con excepción daquelas en que sexa posíbel evita-lo contacto entre as persoas que fan uso do edificio e as persoas que traballan na obra.
En todo o caso, a responsabilidade é da persoa promotora e da dirección da obra.
O Concello non ten que autoriza-lo cumprimento da orde.
Será a Policía local, que poderá solicitar un informe ó Servizo de Urbanismo se o considerar necesario, quen inspeccione e, de se-lo caso, paralice ou sancione se non se cumpre a orde.
Isto é o que di a orde publicada no BOE:
Artigo único. Medidas excepcionais en materia de obras de intervención en edificios existentes
Estabelécese a suspensión de toda a clase de obra que supoña unha intervención en edificios existentes, nos supostos en que no inmóbel en que deban executarse se encontren persoas non relacionadas coa actividade de execución da obra, e que, debido á súa localización permanente ou temporal, ou a necesidades de circulación, e por causa de residencia, traballo ou outras, poidan ter interferencia coa actividade de execución da obra, ou co movemento de traballadores ou traslado de materiais.
Exceptúanse desta suspensión as obras referidas no apartado anterior nas cales, por circunstancias de sectorización do inmóbel, non se produza interferencia ningunha coas persoas non relacionadas coa actividade da obra.
Así mesmo, quedan tamén exceptuados os traballos e obras puntuais que se realicen nos inmóbeis coa finalidade de realizar reparacións urxentes de instalacións e avarías, así como as tarefas de vixilancia.
A seguir, poden consulta-la orde literal completa publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE):
200412_suspension_de_obras_en_edificios_existentes_habitados-_boe_102