
FÓRA MEIGALLO! Concurso no Facebook sobre expresións típicas do San Xoán: venres 19 e sábado 20 de xuño; VOTACIÓNS ata as 12 h de luns 22 de xuño
FÓRA MEIGALLO!
Achégase a celebración máis máxica do ano, a celebración do San Xoán deste ano 2020, e o Concello da Pobra do Caramiñal convida toda a cidadanía a participar neste concurso, para pórmos en valor o medio natural que nos rodea en relación cos costumes galegos tradicionais desta data e tamén a gran sabedoría ambiental, cultural e lingüística das nosas persoas maiores, auténtica memoria viva.
PRESENTACIÓN: VENRES 19 E SÁBADO 20 de xuño ata as 23.59
VOTACIÓNS: dende venres ata LUNS 22 DE XUÑO ÁS 12 h
Bases_legais concurso FÓRA MEIGALLO 2020 San Xoán