Venres 17 (9.30 h) e venres 24 de xullo (ás 13 h), turismo mariñeiro coas mariscadoras/es de a pé na Pobra do Caramiñal
Venres 17 de xullo ás 9:30 h e venres 24 de xullo ás 13 h vai ter lugar unha visita guiada: turismo mariñeiro
O dito percorrido guiado vai partir da Casa Mariñeira (oficina municipal do turismo municipal).
Mariscadoras/es de a pé van facer de guías e explicar en que consiste o seu traballo; e non só iso, as persoas participantes vanse poder meter ó mar con el@s e tamén van aprender a manexa-los seus útiles de traballo (rastro, angazo, sacho…), a distinguir entre as distintas especies de bivalvos que se collen nas nosas augas, e tamén a calibra-los talles mínimos…
En resumo: unha experiencia que non ha deixar indiferente a quen participar nela!
Organiza a Asociación Mar da Pobra e a Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal.