
Sábado 25 de xullo ás 22 h na praza do Cantón da Leña: "A Pobra xacobea", con Serafín Marcos
Esperámolas/os ás 22 h na praza do Cantón da Leña para coñecermos un bocadiño máis sobre as orixes xacobeas da Pobra e demais aspectos da historia da nosa vila.
É obrigatorio o uso da máscara, por precaución sanitaria.
Tódalas visitas guiadas con Serafín Marcos son diferentes!
NON A PERDAN!!!
Se chover, a actividade realizarase no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
Entrada libre ata se completa-la cabida máxima permitida actualmente
Programa O Teu Xacobeo, financiado pola Xunta e maila Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal