Emprego público de 2020 do Concello da Pobra do Caramiñal: convocatoria da bolsa de emprego (supletoria) de técnicas/os de turismo
No Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña de xoves 30 de xullo de 2020 sae o anuncio do Concello da Pobra do Caramiñal da convocatoria dun proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego (supletoria) de persoal técnico de turismo.
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/07/30/2020_0000005062.html
Publícanse, a seguir, as bases reguladoras completas do dito proceso selectivo.
Tamén se publican na sede electrónica do Concello da Pobra do Caramiñal e no taboleiro de anuncios da casa consistorial da Pobra do Caramiñal.
O prazo para as inscricións (5 días hábiles) neste proceso selectivo comeza a contar no día seguinte ó día da publicación do anuncio no BOP da Coruña:
dende venres 31 de xullo ata xoves 6 de agosto de 2020 (ambos incluídos).
(Arquivo coas bases en PDF)