Circulación do tráfico rodado no domingo do Nazareno
No domingo 20, estará cortado o tráfico rodado na rúa Díaz de Rábago, concretamente no tramo que comprende dende os semáforos ata a rotonda, en horario de 08.00 a 15.00 horas, así como no carril de servizo desta vía.
A dita actuación persegue evitar aglomeracións nas beirarrúas con motivo das misas que se celebrarán na praza Alcalde Segundo Durán pola festividade do Nazareno.
A circulación do tráfico rodado será a que figura na imaxe.