Retiradas varias palmeiras por mor do bicudo vermello
Na mañá de onte procedeuse á retirada de varias palmeiras de competencia municipal afectadas polo bicudo vermello –Rhynchophorus ferrugineus-. Trátase de exemplares situados nos Xardíns de Valle-Inclán e na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler.
A dita medida tamén estivo motivada porque, ante o mal estado que xa presentaban por mor da praga, podían representar un perigo para as persoas en condicións meteorolóxicas adversas. Estas árbores son un dos distintivos máis emblemáticos dos Xardíns de Valle-Inclán, ademais de antigas.
A actuación xestionouse dende a Concellaría dos Servizos Municipais, mediante a contratación dunha empresa externa para a realización das tarefas.