Comunicado de Llega800 con relación a afectacións na recepción da TDT
A entidade Llega800 púxose en contacto co Concello da Pobra do Caramiñal para informar de que, no noso municipio, o servizo da telefonía móbil da 4.ª xeración (4G na banda de 800 MHz) pode producir afectacións na recepción da televisión dixital terrestre (TDT).
Para solucionar estas afectacións e garantir que o feito de pór en servizo as estacións base de telefonía móbil non afecte a TDT, a entidade Llega800 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción das persoas usuarias da dita TDT. Estas actuacións son de carácter gratuíto para a cidadanía afectada.
De acordo coa orde ministerial1 que regula este proceso, o prazo para a veciñanza solicita-las actuacións no caso de afectación para as persoas usuarias da TDT é de seis meses dende a data da posta en servizo das estacións da telefonía móbil. Este prazo de 6 meses, dende que se acenderon tódalas estacións no noso municipio, para resolve-las incidencias na recepción da TDT sen custo ningún para a cidadanía, vai finalizar definitivamente no día 31-10-2020. Ata ese día, quen use a TDT e teña afectacións ocasionadas polos nodos 4G na banda 800 MHz pode solicitar actuacións gratuítas para arranxalas.
Lembramos que, para poder atende-las persoas usuarias no centro de atención e poder resolve-las incidencias, o teléfono gratuíto é 900833999.
1
Orde IET/329/2015, de 26 de febreiro, pola cal se estabelecen as actuacións que deben realiza-los operadores prestadores de servizos de comunicacións electrónicas móbiles na banda do dividendo dixital para garantir que o inicio do servizo das estacións emisoras na dita banda non afecte as condicións existentes de recepción do servizo de televisión (artigo 4.1 c).