Actualización do aviso por un episodio dun fenómeno meteorolóxico adverso
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informa dun fenómeno meteorolóxico adverso do nivel laranxa por costeiros que afectará todo o litoral galego dende a mañá deste mércores 28 ata a media tarde de xoves 29.
Logo pasará a nivel amarelo que se manterá ata as últimas horas da noite do xoves.