Iniciada a cuarta edición das Xornadas Micolóxicas
No día de onte comezou a cuarta edición das Xornadas Micolóxicas coa charla introdutoria Coutos micolóxicos, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
A convocatoria deste ano componse de coloquios, obradoiros, saída ao campo, exposición, concurso fotográfico e mais showcooking e degustación. As actividades continuarán na fin de semana.
Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal tódalas persoas interesadas deberán formaliza-la súa inscrición de balde a través do enderezo electrónico medioambiente@apobra.gal, agás para a xornada do domingo, porque xa non quedan prazas libres. No caso dos coloquios, tamén se require asistir con 10 minutos de antelación ao comezo da actividade.