Abre o prazo de pagamento en período voluntario das taxas municipais, do lixo e do IAE
O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que no 1 de decembro abre o prazo de pagamento en período voluntario das taxas municipais, da recolleita do lixo correspondente ao segundo semestre do presente ano e do imposto sobre actividades económicas (IAE). O dito prazo permanecerá aberto ata 31 de xaneiro de 2021.
Debido á situación sanitaria derivada da COVID-19 recoméndase máis ca nunca ter feita a domiciliación bancaria. Se non é así, poderase realiza-lo pagamento achegándose ata a Oficina de Recadación situada na planta baixa do consistorio, de luns a venres, en horario de 09.00 a 13.00 horas.
O vencemento do prazo de ingreso no período voluntario sen ter ingresada a débeda tributaria motivará a apertura do procedemento recadatorio no período executivo coa recarga de constrinximento.