Sesión extraordinaria do Pleno da corporación de 29 de decembro de 2020
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal albergou no día de onte, martes 29, a partir das 20.30 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación. No inicio desta, o Partido Popular manifestou que a convocatoria non cumpría cos prazos esixidos pola lei, por considera-lo día 24 non hábil. A secretaria xeral informou de que se considera hábil para tódolos efectos, motivo polo cal o goberno decidiu continuar coa sesión. Nese momento o PP tomou a decisión de se ausentar do pleno. A orde do día foi a que figura a seguir:
- PROPOSTA DA ALCALDÍA PARA A DETERMINACIÓN DAS FESTIVIDADES LOCAIS DO ANO 2021. Aprobada con 6 votos a favor (Nós Pobra e PSdeG-PSOE) e 2 abstencións (BNG)
- PROPOSTA DA ALCALDÍA PARA O ESTABLECEMENTO DE DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS, INDEMNIZACIÓNS POR ASISTENCIA A ÓRGANOS COLEXIADOS E ASIGNACIÓNS AOS GRUPOS POLÍTICOS DA CORPORACIÓN. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
- APROBACIÓN, NO SEU CASO, DAS MODIFICACIÓNS DO PROXECTO DO POS+2018 “BEIRARRÚAS DA ESTRADA DO LUGAR DA PONTE AO LUGAR DE BANDASECA” E DO PROXECTO PAS 2015 “MELLORAS NO CAMPO DA ALTA”. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
- APROBACIÓN, NO SEU CASO, DO EXPEDIENTE DE RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS 1/20. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
- MODIFICACIÓN DO CONTRATO DE SUBMINISTRACIÓN PARA A EXECUCIÓN DO PROXECTO DENOMINADO “PROYECTO DE RENOVACIÓN Y ADAP ENTO DE EFICIENCIA ENERGÉTICA, RD 1890/2008, DE LOS ALUMBRADOS PÚBLICOS EN EL AYUNTAMIENTO DE A POBRA DO CARAMIÑAL”. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)