Nivel máximo de restricións na Pobra do Caramiñal
A Xunta anunciou na xornada de onte, mércores 13, novas medidas ante a progresión epidemiolóxica, as cales terán efecto dende as 00.00 horas do día 15 de xaneiro de 2021.
A Pobra do Caramiñal pasa para o nivel máximo de restricións.
Peche perimetral individual do municipio.
Hostalaría e restauración abertas ata as 18.00 horas. Unicamente atención nas terrazas. Entrega no domicilio sen límite.
O horario de peche do comercio fíxase ás 21.30 horas.
Agrupacións dun máximo de catro persoas.
Así mesmo, no nivel xeral de toda a comunidade autónoma, adiántase o toque de queda ás 22.00 horas e mantense o peche perimetral da comunidade.
Ligazón ao Diario Oficial de Galicia (DOG) onde se especifican as medidas: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/excepcional/2021/20210113/2536/Secciones1_gl.html