
Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 3 de febreiro de 2021
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no día de onte, mércores 3, a partir das 20.30 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación, a cal contou coa ausencia da edil do PSdeG-PSOE. A orde do día foi a que figura a seguir:
- APROBACIÓN POS+2021. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra e BNG) e 5 abstencións (PP)
- APROBACIÓN POS ADICIONAL 1/2021 (para o financiamento de gastos sociais extraordinarios). Aprobada por unanimidade
- APROBACIÓN PROVISIONAL DE SUPLEMENTO DE CRETO 01/21. Aprobada por unanimidade
- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG EN DEMANDA DA MELLORA NA ATENCIÓN SANITARIA NO CENTRO DE SAÚDE DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL. Aprobada por unanimidade
- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP RELATIVA Á CREACIÓN DUN FONDO DE COOPERACIÓN GALEGO COVID-19. Aprobada a inclusión da emenda presentada por Nós Pobra e BNG con 7 votos a favor (Nós Pobra e BNG) e 5 en contra (PP). Aprobada a moción emendada por unanimidade
Finalmente, procedeuse a dar conta dos decretos e informes da alcaldía, ademais de coa quenda de preguntas.