
A Pobra pasa ao nivel alto de restricións
En vigor a partir das 00.00 horas deste 30 de abril de 2021 as novas medidas con relación á situación epidemiolóxica derivada da COVID-19.
A Pobra do Caramiñal pasa ao nivel de restrición alta.
Permitida a mobilidade a tódolos concellos excepto a aqueles que se atopan no nivel de restrición máxima.
Nos establecementos de hostalaría e restauración non está permitido o consumo no interior. Nas terrazas ao aire libre: limitación ao 50% das mesas permitidas. Horario do peche ao público establecido nas 21.00 horas. Horario do peche ao público dos restaurantes ás 23.00 horas sempre que cumpran os requisitos que se determinen no marco do Plan de hostalaría segura. Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 22.30 horas e a entrega no domicilio ata as 24.00 horas.
Límite nos establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais ao 50% da súa capacidade. O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.
Limítase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro persoas en espazos pechados e de seis persoas en espazos abertos ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes. No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes coma persoas non conviventes, o número máximo destas será de catro ou seis persoas en función de se se reúnen en espazos pechados ou abertos.
Limitación da mobilidade nocturna no período comprendido entre as 23.00 e as 06.00 horas.
Páxina web sobre datos do coronavirus: https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/galicia
Máis información sobre as medidas que comprende este nivel de restrición: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Nivel-Restricion-Alta
Ligazón ao Diario Oficial de Galicia (DOG) correspondente: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/excepcional/2021/20210428/2630/Secciones1_gl.html