Inicio do obradoiro de comunicación
Na xornada do 18 de maio tivo lugar o inicio do obradoiro de comunicación organizado pola Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal e FSC Inserta. As clases impártense no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
Ata alí desprazáronse a edil Amparo Cerecedo (BNG) e unha representante de FSC Inserta para darlle a benvida ás persoas participantes no comezo da acción formativa.